UNHA PALABRA, UN DIAMANTE
Hoxe os nenos e nenas de 3º E estivemos na biblioteca traballando co PORTAL DAS PALABRAS, unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié. Empregamos os IPADS e os ordenadores para buscar información, compartila e poder participar dunha actividade de escritura creativa.
Unha palabra, un diamante consiste en coller a palabra do día, que sae publicada no portal e construír un poema diamante con ela. A palabra de hoxe era nailon. Un pouco difícil para nós, pero gustounos porque descubrimos de onde procede. Ti sabes???
Pois ven de xuntar as iniciais de dúas cidades moi importantes!! "Nova York" e "Londres".
Grazas ao PROXECTO COLABORATIVO de ESCRITURA CREATIVA no que participamos PALABRAS AZUIS, descubrimos cal é a estrutura dun POEMA DIAMANTE.
O poema
diamante é un poema de versos asonantes que, escritos e centrando a súa
alineación, ten forma de diamante.
Os primeiros POEMAS DIAMANTE están realizados coa APP NOTEGRAPHY (app de balde) e editados en NOTABILITY( 2,69 euros). Logo capturamos a imaxe e listo!!
Estupendo e creativo traballo!!! PARABÉNS
No hay comentarios:
Publicar un comentario