jueves, 30 de enero de 2014

A,B,C POLA PAZ




Estes días en 3º E estivemos preparando un abecedario moi especial. É o abece da Paz. Fixémolo coa app NOTEGRAPHY. Esperamos que vos guste.  E que o día da paz sexa todos os días do ano!!!


miércoles, 15 de enero de 2014

POEMAS DIAMANTE CON NOTEGRAPHY

UNHA PALABRA, UN DIAMANTE


Hoxe os nenos e nenas de 3º E estivemos na biblioteca traballando co PORTAL DAS PALABRAS, unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié. Empregamos os IPADS e os ordenadores para buscar información, compartila e poder participar dunha actividade de escritura creativa.

Unha palabra, un diamante consiste en coller a palabra do día, que sae publicada  no portal e  construír un poema diamante con ela. A palabra de hoxe era nailon. Un pouco difícil para nós, pero gustounos porque descubrimos de onde procede. Ti sabes???

Pois ven de xuntar as iniciais de dúas cidades moi importantes!! "Nova York" e "Londres".

 Grazas ao PROXECTO COLABORATIVO de ESCRITURA CREATIVA no que participamos PALABRAS AZUIS, descubrimos cal é a estrutura dun  POEMA DIAMANTE.

O poema diamante é un poema de versos asonantes que, escritos e centrando a súa alineación, ten forma de diamante.
Os primeiros  POEMAS DIAMANTE están realizados coa APP NOTEGRAPHY (app de balde)  e editados en NOTABILITY( 2,69 euros). Logo capturamos a imaxe e listo!!





Estupendo e creativo traballo!!! PARABÉNS