@Bcodesal
Educación Primaria
Tipoloxía textual:
poesía
UN ARTISTA NA ESCOLA
Música en vivo
e…poesía!
DESCRICIÓN
Xa nos tempos
antigos, os gregos utilizaron esa unión máxica, creando as súas composicións
musicais sobre a base de composicións escritas ou contadas de recoñecido
prestixio. A un esquema musical
engadíanse diversas poesías ou se
alteraba o seu ritmo para crear novas composicións.
Esta sutil unión recoñece a importancia de traballar a poesía
e a música desde a educación infantil para desenvolver o sentido do oído, o
ritmo, a creatividade, a vocalización, a imaxinación e para fomentar a socialización e o traballo en
equipo.
Nós, grazas a
educaBarrié (canal educativo da Fundación Barrié), poidemos ter a un artista na
escola para ensinarnos a compoñer poesías dun xeito moi orixinal. Esta é a nosa
proposta.
OBXECTIVOS
- Expresar sentimentos e emocións a través das poesías.
- Diferenciar as características propias dunha poesía: versos, estrofas, rima.
- Identificar e usar os símiles, as metáforas e simbolismos propios das poesías e as cancións.
- Usar a pronunciación e entoación propias das poesías.
- Ampliar o léxico e o vocabulario.
DESENVOLVEMENTO
Preparados…
Presentación do artista e demostración do concepto de
"loop". O artista vai cantar unha canción (A saia da Carolina),
mostrando unha versión diferente dunha canción popular coñecida por todos os
alumnos, e que repetidamente usa a "técnica loop".
Loop: é un anglicismo, pode ser traducido como
"bucle" en galego. É unha sección curta (entre 1 e 4 compases de
lonxitude), creada para repetirse. Estas
sesións son gravadas ou reproducidas conectadas en secuencia, unha tras outra
dando un sentido de continuidade.
Listos…
- Empezaría a soar a canción do artista a través dun reprodutor. coñecemos ao artista, que canción é …? Como é? Que aspecto ten?
- Soa a mesma canción na aula. Non o vemos pero está aquí. Estaría detrás dunha cortina ou dun moble.
- Xurde tocando a canción.
Escoitamos
atentamente e fixámonos no artista. Contemplámolo en vivo e en directo.
Ollamos a súa expresión, as súas mans o
seu corpo e todo este conxunto sitúanos nas emocións, non só transmitidas pola
súa música, senón tamén pola súa persoa en conxunto.
_Cal é a súa intención ao cantar? E ao tocar o instrumento?
Para que serven os loops?
Acción…
Escollemos a emoción.
Nunha sesión só nos dá tempo para traballar dúas emocións. Propoñemos unha
lista de emocións: o amor, a rabia, o medo, a serenidade, o desprezo, a
compaixón, o heroísmo, noxo, sorpresa, ou calquera outra. Que sensación
queremos comunicar?, a quen a diriximos?, para que o facemos….? Chegamos a un
acordo de grupo.
Neste caso, sae o rabia,
por exemplo. Preguntamos:
_Que pensas cando digo
"rabia"?
_Por exemplo: neno, fútbol,
enfado, inimigo, loita, anoxo, choro, raios,
vermello, chinchar, perrencha, rabiar ...
Imos anotando as palabras e combinándoas con outras para
formar versos.
Podemos crear varios
grupos que van construíndo un pareado usando as palabras pactadas.
Cada grupo prepara unha rima e en grupo créase unha composición.
Léese soa e sen intención.
Recítase con intención e emoción.
O artista pon música
ao poema e entre todos o cantamos.
Acompañámonos con instrumentos
naturais (co propio corpo)ou obxectos do aula que poidan servir para levar o
ritmo.
PARA REMATAR
Se queres ver como
nos quedaron as poesías da IRA ou da LEDICIA non tes máis que entrar
nos seguintes documentos. Agardamos que che gusten!!! A nós encantounos a
experiencia de educaBarrié e estamos desexando volver a repetila neste curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario