domingo, 29 de septiembre de 2013

PALABRAS AZUIS. PROXECTO COLABORATIVO DE ESCRITURA CREATIVA


Begoña Codesal Patiño
@Bcodesal
Educación Primaria
Tipoloxía textual: poesía


UN ARTISTA NA ESCOLA
Música en vivo e…poesía!



DESCRICIÓN

Xa nos tempos antigos, os gregos utilizaron esa unión máxica, creando as súas composicións musicais sobre a base de composicións escritas ou contadas de recoñecido prestixio. A un  esquema musical engadíanse diversas poesías  ou se alteraba o seu ritmo para crear novas composicións.
Esta sutil  unión  recoñece a importancia de traballar a poesía e a música desde a educación infantil para desenvolver o sentido do oído, o ritmo, a creatividade, a vocalización, a imaxinación e para  fomentar a socialización e o traballo en equipo.
Nós,  grazas a educaBarrié (canal educativo da Fundación Barrié), poidemos ter a un artista na escola para ensinarnos a compoñer poesías dun xeito moi orixinal. Esta é a nosa proposta.

OBXECTIVOS

  • Expresar sentimentos e emocións a través das poesías.
  • Diferenciar as características propias dunha poesía: versos, estrofas, rima.
  • Identificar e usar os símiles, as metáforas e simbolismos propios das poesías e as cancións.
  • Usar a pronunciación e entoación propias das poesías.
  • Ampliar o léxico e o vocabulario.

DESENVOLVEMENTO


Preparados…

Presentación do artista e demostración do concepto de "loop". O artista vai cantar unha canción (A saia da Carolina), mostrando unha versión diferente dunha canción popular coñecida por todos os alumnos, e que repetidamente usa a "técnica loop".
Loop:  é un  anglicismo, pode ser traducido como "bucle" en galego. É unha sección curta (entre 1 e 4 compases de lonxitude),  creada para repetirse. Estas sesións son gravadas ou reproducidas conectadas en secuencia, unha tras outra dando un sentido de continuidade.

Listos…


  •  Empezaría a soar a canción do artista  a través dun reprodutor. coñecemos ao artista, que canción é …? Como é? Que aspecto ten?
  •  Soa a mesma canción na aula. Non o vemos pero está aquí. Estaría detrás dunha cortina ou dun moble.
  • Xurde tocando a canción.
Escoitamos atentamente e fixámonos no artista. Contemplámolo en vivo e en directo. Ollamos  a súa expresión, as súas mans o seu corpo e todo este conxunto sitúanos nas emocións, non só transmitidas pola súa música, senón tamén pola súa persoa en conxunto.
_Cal é a súa intención ao cantar? E ao tocar o instrumento? Para que serven os loops?

  Acción…

Escollemos a emoción. Nunha sesión só nos dá tempo para traballar dúas emocións. Propoñemos unha lista de emocións: o amor, a rabia, o medo, a serenidade, o desprezo, a compaixón, o heroísmo, noxo, sorpresa, ou calquera outra. Que sensación queremos comunicar?, a quen a diriximos?, para que o facemos….? Chegamos a un acordo de grupo.

 Neste caso, sae o rabia, por exemplo.  Preguntamos:

_Que pensas cando digo "rabia"?

_Por exemplo: neno, fútbol, enfado, inimigo, loita, anoxo, choro, raios,  vermello, chinchar, perrencha, rabiar ...

Imos anotando as palabras e combinándoas con outras para formar versos.

Podemos  crear varios grupos que van construíndo un pareado usando as palabras pactadas.

Cada grupo prepara unha rima e en grupo  créase unha composición.

Léese soa  e sen intención.

Recítase con intención e emoción.

O artista pon música ao poema e entre todos o cantamos.  Acompañámonos  con instrumentos naturais (co propio corpo)ou obxectos do aula que poidan servir para levar o ritmo.

PARA REMATAR

Se queres ver como nos quedaron as poesías da IRA ou da LEDICIA non tes máis que entrar nos seguintes documentos. Agardamos que che gusten!!! A nós encantounos a experiencia de educaBarrié e estamos desexando volver a repetila neste curso.