sábado, 30 de marzo de 2013

CREANDO CONTOS. PUPPET PALS


Empezan a saír as nosas Historias dos castros feitas coa  APP,  PUPPET PALS cos Ipads. O alumnado escribe a historia, saca as fotos precisas para os decorados e os personaxes e logo cada un escolle  ás persoas que os van interpretar.
É un traballo moi divertido, e os resultados creo que están moi ben!! Que empecen a tremer os grandes guionistas e directores de HOLLYWOOD!!!

JAVIER E A TRAXEDIA DO CASTRO DAS CROAS- ARMENTÓN


LAURA E CHUNGA E CHUNGO VAS AO BOSQUE


JAIRO E O DESCUBRIMENTO DO CASTRO


CARLOS E O CASTRO DE RIBA DO MONTE



Temos que dar as grazas ás mamás por colaborar tanto facendo as vestimentas apropiadas da época.

VIDEO CONTOS. MORFO




Se queres escoitar unha das últimas novas dos Castros de ARTEIXO atende a estes presentadores . Para os seus relatos  empregaron  a APP: MORFO.



CREANDO HISTORIAS. TOONTASTIC


TOONTASTIC

Aquí nos vedes en plena faena cos IPADS e a ÉPOCA DOS CASTROS. Estamos probando novas aplicacións para crear historias castrexas e unha das APPS que máis nos gusta é o TOONTASTIC. Como non se adaptan os escenarios que nos propoñen nin as personaxes, facemos os noso propios deseños. Mira que ven o pasamos!









PETEIRO

PHOTOCOMIC



Estes días estivemos facendo unha pequena homenaxe a Peteiro, un pintor de preto nosa que pintaba uns cadros moi bonitos e coloridos. Nós decidimos interpretar o noso patrimonio á maneira de PETEIRO e este foi o resultado. Aqui tes unha pequena mostra maquetada no IPAD coa APP PHOTOCOMIC, se queres ver máis tes que pasarte polo noso recuncho de 4º!!! Esperamos que vos gusten. Nós pasámolo moi ben facéndoo.




SE QUERES SABER MÁIS NESTE DOCUMENTO TERÁS INFORMACIÓN E ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS.



A ÉPOCA DOS CASTROS EN ARTEIXO. O CASTRO DO PETÓN.


PAGES

Seguimos a traballar con esta aplicación. Escribiindo, maquetando, buscando e inserindo fotos de internet,... Carlos fainos a presentación do Castro do Petón. Mirade a ver si vos gusta!! Vaia traballo  de investigación. Parabéns Carlos!!



INVESTIGAMOS E ESCRIBIMOS SOBRE A PREHISTORIA


PAGES

Esta aplicación é un procesador de textos e con ela podemos escribir e maquetar os documentos. Empregámola para escribir sobre a Prehistoria e sobre a Época dos Castros en Arteixo.


 

viernes, 29 de marzo de 2013

IPADS NO 2º CICLO DE PRIMARIA

Este ano temos a sorte de poder contar cun  carro de 25 IPADS durante catro horas e media á semana. A nosa tarefa planificámola do seguinte xeito:


Comenzamos mirando o correo, a nosa conta de PONTEDOSBROZOS. ORG. Sempre pode haber algunha novidade ou algún correo interesante ao que haxa que contestar.



Unha vez que estamos no correo abrimos GOOGLE DRIVE. Ahí temos unha carpeta con todos os nosos traballos  e que a compartimos coa profe. Cando facemos unha tarefa, subímola a DRIVE e así pode a profe pode  revisala na casa.


Unha vez que isto xa está comprobado pasamos á tarefa central: creación de contos, cómics,... gráficas, tablas,  investigación, consulta, postais, ilustracións... Para isto empregamos a APP PAGES, TOOTASTIC,  STRIP DESIGN,HOTO COMIC,  PUPPET PALS, SYNC SPACE, DOODLE BUDDY,... Nos seguintes POST iremos vendo cada unha delas!!!

Para rematar sempre temos un tempo de xogo e descubrimento de novas APPS: Didakto, Letris, NumLet, PUZZLES, Dónde está?, Quiz CApitals, Memory, Maths trainer, Math board, Play Tales,...